Presentación da entidade
A Fundación Formación e Emprego de Galicia constitúese como unha institución de Formación, Estudos e Investigación privada, sen ánimo de lucro e permanente no ano 1993, por iniciativa do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
, co obxectivo de promover e xestionar iniciativas no ámbito da cualificación e inserción profesional de persoas ocupadas e desempregadas, mediante accións de investigación, prospección de demandas de cualificación e impulso de iniciativas de integración laboral. Xestiona, ademais, programas e accións de formación profesional ocupacional continua e de inserción, así como calquera outra iniciativa nesta área que, no seu caso, concerte ou promova con entidades públicas e privadas.
Na actualidade a Fundación conta con sete centros homologados de formación en Ourense, Vigo, Oleiros, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo (dous centros) e Cervo. Ademais de contar con aulas homologadas nas localidades de Pontevedra e Betanzos.
A visión estratéxica da Fundación, a fotografía do futuro que buscamos, é a dunha organización que aprende mediante a evolución e a adaptación, unha organización biolóxica, non mecánica, na clasificación que fai Roberto Carneiro
No primeiro decenio de existencia, a Fundación apostou pola calidade. Boa proba disto é a certificación ISO 9001:2000 emitida no ano 2003 pola certificadora AENOR. Agora queremos apostar, mantendo estes criterios, pola flexibilidade e a rápida adaptación aos cambios nos procesos, derivados das continuas mudas na sociedade.
Nesta visión, a organización está composta por traballadores e traballadoras que actúan en redes de colaboración e comunidades de práctica, verdadeiro e principal punto de partida para a creación de valor no contorno cambiante en que nos atopamos, na sociedade cada vez máis global e complexa en que nos desenvolvemos.
AVISO IMPORTANTE: Para os efectos do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e a súa normativa de desenvolvemento, os interesados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na páxina web, usando a opción Cancelar, enviando un correo electrónico ou dirixíndose a calquera centro de Forem Galicia. De conformidade coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, dos servizos da sociedade da información e do correo electrónico, comunicámoslle que se non desexa seguir recibindo as informacións e comunicacións que vén recibindo mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique igualmente. Deste xeito os seus datos persoais serán dados de baixa, para estes efectos, da nosa base de datos.