Forem Coruña

Forem Coruña : apertura do novo centro

O próximo luns día 30 de Xaneiro, engadimos un novo centro  a nosa rede, e comezamos a prestar os nosos servizos dende o noso novo centro de Forem Coruña.

O centro está situado no Polígono da Grela, na rúa Ermita Nº 46 , esquina Galileo Galilei (acceso dende a liña 11 do bus urbano da Coruña, parada Newton / Galileo Galilei).

O novo centro, de mais de 1200 metros cadrados, sustitúe as nosas instalación de Forem Oleiros, e está deseñado para satisfacer os requisitos de espazo e equipamento dos novos certificados de profesionalidade, dando así resposta ás necesidades de formación das seguintes familias profesionais :

- Administración e xestión

- Artes gráficas

- Electricidade e Electrónica

- Enerxía e Auga

- Instalación e mantemento

- Informática e Comunicacións

- Servizos socioculturais e a comunidade

O novo centro conta cos espazos formativos seguintes :

- 4 aulas informáticas de 60 metros cadrados, cada unha delas

- 1 aula branca, de usos múltiples, de 45 metros cadrados

- 1 aula - taller de enerxías renovables, de 100 metros cadrados

- 1 aula - taller de electricidade e electrónica, de 140 metros cadrados

- 1 aula - taller de frío – climatización, de 150 metros cadrados

- 1 aula taller de microinformática, 90 metros cadrados

- 1 aula – taller sociosanitario, de 106 metros cadrados

Ademais dos espazos formativos, o centro consta de diversos almacéns, para a xestións dos materias das acción formativas e de despachos para o persoal asociado o centro : administración e xestión, técnicos e servizo de orientación.
 

Orixe RSS