Desempregados 2011

Desempregados 2011 : unha achega as experiencias dos alumnos

Hoxe chegounos a última nova en relación co noso plan Desempregados 2011. O alumno Javier Blasco Rodríguez, do curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO, impartido en Forem Vigo, quedou finalista, entre mais de 5000 propostas gráficas de todo o mundo,  do prestixioso ‘10º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN’. O concurso é un evento de recoñecido prestixio no ámbito do deseño gráfico. Nesta ocasión, o xurado estivo composto, entre outros, por Javier Mariscal, Alberto Corazón e Oscar Marine.

No desenvolvemento das nosas accións do plan Desempregados, formamos a 555 alumnos dentro de ámbitos diversos :  DESEÑO GRÁFICO, ATENCIÓN SOCIO SANITARIA, ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS, ELECTRICIDADE, COCIÑA , PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES E ENERXIAS RENOVABLES, entre outros

A formación foi apoiada por distintas accións, nas que os alumnos e alumnas participaron coa fin de reforzar ‘in situ’ o coñecemento adquirido ou en outras que, con carácter transversal favoreceron o traballo en grupo ou o aprendizaxe social. Tamén realizamos algúns concursos en diferentes eidos para estimular a creatividade.

Algunhas mostras dos traballos e experiencias desenvolvidas poden consultarse no noso espazo para os alumnos, na nosa ‘Fan Page’ no facebook e no noso espazo para os docentes, Desire.

  • Novas metodoloxías no curso impartido en Forem Oleiros, de XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH, coa ferramenta Schoology.
  • Formas de formar, dende Forem Ferrol, o seu blogue do curso FORMADOR OCUPACIONAL.

Podes seguir o tanto das nosas actividades no noso canle para alumnos : www.facebook.es/foremgalicia, no noso canle docente www.twitter.com/proxectodesire e nos nosos canles corporativos : http://portal.foremgalcia.eu e www.twitter.com/foremgalicia .

Orixe RSS