Proxectos

Desempregados 2011 : unha achega as experiencias dos alumnos

Hoxe chegounos a última nova en relación co noso plan Desempregados 2011. O alumno Javier Blasco Rodríguez, do curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO, impartido en Forem Vigo, quedou finalista, entre mais de 5000 propostas gráficas de todo o mundo,  do prestixioso ‘10º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN’. O concurso é un evento de recoñecido prestixio no ámbito do deseño gráfico. Nesta ocasión, o xurado estivo composto, entre outros, por Javier Mariscal, Alberto Corazón e Oscar Marine.

No desenvolvemento das nosas accións do plan Desempregados, formamos a 555 alumnos dentro de ámbitos diversos :  DESEÑO GRÁFICO, ATENCIÓN SOCIO SANITARIA, ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS, ELECTRICIDADE, COCIÑA , PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES E ENERXIAS RENOVABLES, entre outros

A formación foi apoiada por distintas accións, nas que os alumnos e alumnas participaron coa fin de reforzar ‘in situ’ o coñecemento adquirido ou en outras que, con carácter transversal favoreceron o traballo en grupo ou o aprendizaxe social. Tamén realizamos algúns concursos en diferentes eidos para estimular a creatividade.

Algunhas mostras dos traballos e experiencias desenvolvidas poden consultarse no noso espazo para os alumnos, na nosa ‘Fan Page’ no facebook e no noso espazo para os docentes, Desire.

  • Novas metodoloxías no curso impartido en Forem Oleiros, de XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH, coa ferramenta Schoology.
  • Formas de formar, dende Forem Ferrol, o seu blogue do curso FORMADOR OCUPACIONAL.

Podes seguir o tanto das nosas actividades no noso canle para alumnos : www.facebook.es/foremgalicia, no noso canle docente www.twitter.com/proxectodesire e nos nosos canles corporativos : http://portal.foremgalcia.eu e www.twitter.com/foremgalicia .

Fallo da III EDICIÓN DO CONCURSO “O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”

O comité avaliador do III EDICIÓN DO CONCURSO “O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”, logo de examinar os obxectos achegados segundo os criterios establecidos, decidiu premiar os seguintes obxectos :

Primeiro premio:

  • Tablet Archos 101 10" 16GB Internet Tablet [  Ver características  ]
  • Obxecto de Aprendizaxe : Protocolo IPV6,  achegado por Javier Pérez Fernández.  Asociado á familia profesional Informática e Telecomunicacións, á cualificación profesional Operación de redes departamentais, e á unidade de competencia Instalar, configurar e verificar os elementos da rede local segundo procedementos establecidos

Segundo premio:

  • Tablet Archos 101 7" 8GB  Internet Tablet.  [  Ver características ]
  • Obxecto de Aprendizaxe : ‘El impacto de las NNTT en la formación’, achegado por Elena González de la Cámara Cayuela. Asociado á familia profesional Servicios Socioculturais e á Comunidade, á cualificación profesional Docencia da formación para o emprego, e á unidade de competencia Impartir e titorizar accións formativas para o emprego utilizando técnicas, estratexias e recursos didácticos

O terceriro premio, foi declarado deserto por non cumprir o resto dos obxectos presentados os requisitos mínimos de acordo coas bases establecidas.

Na valoración dos obxectos, tiveronse en conta, entre outros : o encadre dos obxectos nalgunha das familias profesionais do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais, o etiquetaxe de metadatos segundo o estándar LOM-Es e outros aspecto técnicos definidos na ferramenta de avaliación LORI(Instrumento de Evaluación de Objetos de Aprendizaje).

Todos os obxectos presentados o concurso estarán disponibles en breve no portal do Proxecto Desire 3 www.proxectodesire.eu

Accións de Apoio e Acompañamento á Formación : presentación de produtos finais

Os próximos días 27 e 28 de setembro de 2011, a Fundación Forem Galicia presentará os produtos finais das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, convocatoria 2010, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

As accións desenvolvidas pola Fundación, son :

1. Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009 -- 2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe. [+ info]

2. Elaboración das guías e materiais didácticos que van utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña (Real decreto 1376/2008) nas modalidades de formación presencial e teleformación. [+ info]

A presentación terá lugar no eido da II Xornada de Formación para o Emprego: “A Formación para o emprego marcando o rumbo”, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro de 2011. O evento está organizado pola Fundación Galega da Formación para o Traballo .

Os proxectos, da Fundación, serán presentados nas localizacións seguintes :

1. Mércores, 28 de Setembro de 2011, de 10:15 a 11:15, na SALA 1

2. Martes, 27 de Setembro  de 2011, de 15:30  a 16:45, na SALA 1

O longo das xornadas, terán lugar relatorios que tratarán sobre a situación actual e propostas de futuro en materia de formación para o emprego, intervindo tanto representantes da Administración, das organizacións empresariais e sindicais, así como expertos nacionais e internacionais, tanto do ámbito empresarial con expansión no exterior e de organismos públicos doutros países.

Se está interesado en asistir ás II Xornadas da FGFT pode formalizar a súa inscrición a través do seu portal web: www.fgft.org.

Inicio dos Webinars do proxecto Desire 3

Dentro do ámbito do proxecto Desire 3, 'Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009-2010 como medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe', comezan esta mercores día 15, o ciclo de Webinars asociados o desenvolvemento do proxecto.

O primeiro dos Webinars, baixo o titulo ¿Por qué prefiro unha rede social fronte a Moodle? correrá a cargo de Carlos López Ardao, profesor Titular de Universidade na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, e actualmente é Director do Departamenteo de Enxeñería de Redes e Servicios Telemáticos e Redes de Ordenadores.

Entre outros temas, debatiremos acerca de si ¿É posible utilizar unha rede social como alternativa á plataforma de xestión de aprendizaxe de Moodle? ¿Estamos a utilizar as técnicas axeitadas para os nosos alumnos? ¿Seguen a ser os mesmos os patróns de traballo, atención e preferencias de aprendizaxe?

A conferencia web, desenvolvese no espazo BlackBoard - Elluminate da Fundación, o cal permite realizar intercambio de opinións e debate entre os asistentes o evento, enriquecendoo.

Mais información.

Os próximos webinars previstos, que desenvolverá a iniciativa Desire 3 son :

Aprendizaje invisible: alfabetismos para un mundo plano.  A cargo de Cristobal Cobo, Cristobal e coautor do libro 'Aprendizaje Invisible, hacia una nueva ecología de la educación'. ¿Estas preparado para desaprender e enfrentarte a un novo remix de innovadores paradigmas de aprendizaxe e de desenvolvemento de capital humano?

 

Outras metodoloxías : escola dixital, aberta e colaborativa, a cargo de Tiscar Lara, Vicedecana de Cultura Digital EOI. Como construir unha experiencia de aprendizaxe en rede a través do uso de ferramentas totalmente integradas nunha metodoloxía baseada no 'mobile learning', o 'design thinking' e a educación expandida como referentes.

 

Mais información acerca destes e proximos webinars, na páxina e boletíns do proxecto Desire, en www.proxectodesire.eu, e tamen no seu canal Twitter @proxectodesire.

Para consultar anteriores webinars : no noso canal Vimeo

Outras informacións relacionadas co evento, no portal escuela 2.0, no seu apartado ACTUALIDAD.

Desempregados 2011 : reunión docente

Onte tivo lugar, nas nosas oficinas centrais, unha xuntaza de traballo cos nosos docentes que impartirán as accións do plan preferentementre Desempregados 2011.

A reunión desenvolveuse na aula socio sanitaria, das nosas novas instalacións situadas no Poligo do Tambre.

A xuntanza estivo presentada pola Directora do Área Técnica e os técnicos asociados a cada unha das especialidades formativas principais. Entre outros temas presentaronse :

- os novos certificados de profesionalidade que impartiremos nesta programación,

- normas en canto a orde e xestión dos espazos en aulas e talleres,

- xestión do inventario dispoñible para cada curso, e

- as novas canles de comunicación cos nosos docentes e alumnos (@proxectodesire, para os nosos docentes; www.facebook.com/foremgalicia, para os nosos alumnos; e @foremgalicia para as novas corporativas)

Ademais destes tema principais, incidiuse na importancia do reciclaxe docente entorno os servizos da web 2.0.

Arrancamos Desire 3

Xa comezamos a desenvolver a nova versión do noso proxecto desire (Deseño dun Sistema de Repositorio). Xa temos constituídos os equipos de traballo internos e externos para desenvolver as fases e fitos do proxecto.

Baixo o epígrafe ‘Acción para a elaboración e experimentación de produtos, técnicas e/ou ferramentas de carácter innovador de interese para a mellora da formación profesional para o emprego’ e no marco da Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do 2010; a Fundación Forem Galicia presentou o proxecto :

‘Catalogación e difusión de recursos didácticos realizados na convocatoria 2009 -2010 como  medio de promoción da utilización de estándares na elaboración de materiais didácticos e da aprendizaxe’

O finalizar o proxecto, achegaremos os produtos seguintes :

1. Repositorio e sistema de catalogación de materiais didácticos realizados na convocatoria 2009 – 2010

2. Sistema de notificación para escritorio, plataformas PC e móbiles

3. Sistema de actualización da base de datos do SNCP na que se sustenta o repositorio

4. Entregables que detallen e describan os resultados e desenvolvemento da acción

O proxecto desenvolverase o longo do ano 2011, ata o 30 de Setembro, o redor do cal terá lugar a presentación do traballo desenvolvido, no foro que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar 

Como continuación do traballo das pasadas revisións do proxecto, nesta edición seguiremos traballando na

- Promoción e o  uso de estándares na elaboración e catalogación de obxectos de aprendizaxe

- Idea de ‘comunidade social’ afianzando os lazos existentes entre docentes e axentes

Como elementos de promoción e difusión, nesta revisión, seguiremos contando coa realización de webinars, como na pasadas edición e dun concurso de creación de obxectos de aprendizaxe. Tamén estamos preparando un Taller Aberto de Aprendizaxe e Colaboración que esperamos achegue as ferramentas e o paradigma da Web 2.0 a todos os docentes e axentes interesados .

As novas respecto a marcha do proxecto, como de costume, serán comunicadas a través do nos portal www.proxectodesire.eu e o noso canal twitter @proxectodesire – todavía non nos segues?-.

Implementación das ferramentas de Exact para optimizar a xestión da formación

 

Co fin de adaptarnos aos cambios reflectidos na normativa relacionada co Sistema de Formación para o Emprego e o Sistema Nacional de Cualificacións, na nosa Fundación comezamos a traballar na implementación dun novo sistema de xestión empresarial.

En concreto, adoptaremos as solucións Exact Synergy e Exact Event Manager, ferramentas que nos axudarán na xestión e automatización dos nosos procesos de traballo e  na coordinación das actividades estratéxicas en relación cos nosos clientes, fluxos de traballo, proxectos e documentación.

Aproveitando a flexibilidade que nos achegan as ferramentas de Exact,  unha representación do persoal da Fundación está colaborando na análise de procesos,  alarmas, fluxos de traballo e definición de portais, internos e externos, que melloren a relación cos nosos clientes e provedores.

Na nosa Fundación, traballamos coas ferramentas de Exact dende 1993, dende que adquirimos o ERP Exact Dimoni para a nosa xestión financeira.

Notas de prensa :

teechWEEK

acceso

Presentado Desire 2.0

Onte martes, foi presentado na I Xornadas de Formación para o Emprego da FGFT 'A formación para o Emprego : un reto nos Entornos Económicos Hostís' o noso catalogo de recursos didácticos Desire 2.0.

 

desire 2.0

 

O proxecto, despois de caso un ano de traballo e mellora, foi desenvolvido baixo o amparo das Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación, na súa convocatoria 2009, e baixo a denominación : 'Catalogación e distribución de materiais didácticos ligados ós novos Certificados Profesionais: Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixitais'.

Entre outros obxectivos, o Desire 2.0, pretende articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema, onde se pase da cultura da competencia á cultura da colaboración, mediante a compartición de obxectos de aprendizaxe dixitais e o uso de espazos sociais.

Nas xornadas, clausuradas hoxe, repartironse preto de 200 cuadernillos onde se explicaban os fitos mai reseñables de cada unha das fases do proxecto, ademais dun empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD.

Todas as tecnoloxías empregadas no desenvolvemento e o propio proxecto en si, incluido o código, atopanse baixo licenzas non restrictivas Creative Commons que garanten a libre difusión dos contidos.

Agradecemos o D. Rafael Rodríguez, Director do INCUAL, e a Dna. María Luisa Mallo, Directora do Instituto Galego das Cualificacións, o interese amosado polo noso proxecto.

Grazas, tamén, o persoal da Fundación Galega da Formación para o Traballo pola acollida e trato dispensado o longo de toda a xornada.

Podense descargar os obxectos e recursos existentes, e realizar achegas, a través do portal Desire 2.0.

As novidades de Desire 2.0 publicanse no seu canal twitter @proxectodesire e nos blogues do proxecto.

Foro Mundial de Educación, Investigación y Cultura de Paz

Baixo o lema "Educación, Investigación e Cultura de Paz" celbrase en Santiago de Compostela o Foro Mundial da Educación temático (FMEt) sobre Educación, Investigación e Cultura de Paz, entre los días 10 e 13 de Diciembre de 2010, sobre a base da Carta de Principios do Foro Social Mundial (FSM), con actividades autoxestionadas por organizacións e movementos sociais de todo o mundo.

É a primeira vez que o Foro Mundial de Educación chega a Europa, coincidindo ademais co 10º aniversario do Foro Social Mundial.
 

O Foro Mundial de Educación Investigación e Cultura de Paz é un evento enmarcado baixo o paraugas do Foro 2010, un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial ao redor da Cultura da Paz. É unha iniciativa promovida orixinalmente polo Seminario Galego de Educación para a Paz e pola Fundación Cultura de Paz que conta, desde o seu inicio, co apoio de gran número de organizacións sociais, así como do Consello Internacional do Foro Mundial de Educación. Apoiando a iniciativa existe un Comité de Honra, un Comité Organizador de entidades peninsulares e un Subcomité local galego.

SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010

Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 / 981 561 956
www.foro2010.org | E-mail: paz@sgep.org

INFORMACIÓN SOBRE O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN

info@foro2010.org (Tel. 686021933)

COMO PARTICIPAR NO FORO 2010

EIXOS TEMÁTICOS DO FMEt

INSCRIPCIÓNS

Deixounos Marcelino Camacho.

 

Con amargura e profunda aflicción, despedimos hoxe a Marcelino Camacho.
 
Un home honesto, solidario e capaz, do que todos aquí, sentímonos orgullosos.
 
Excepcional persoa que adicou a súa vida a clase traballadora, a loita polos dereitos dos demáis e pola liberdade.
 
Hoxe é para nós un día triste, e queremos expresar a dor da súa ausencia, así como o noso sentir a súa familia, ós seus amigos e camaradas e a todos os traballadores e traballadoras que configuran o noso sindicato.
 
Sabemos que o exceso de palabras poden ocultar a falla de ideas, por iso para rematar, tan só lembrar Marcelino, o que ti ben decias e que sintetiza o teu pensamento e legado : “Sempre a adiante e a esquerda".
adiante e a esquerda”.Con amargura e profunda aflicción, despedimos hoxe a Marcelino Camacho.
 
Un home honesto, solidario e capaz, do que todos aquí, sentímonos orgullosos.
 
Excepcional persoa que adicou a súa vida a clase traballadora, a loita polos dereitos dos
demáis e pola liberdade.
 
Hoxe é para nós un día triste, e queremos expresar a dor da súa ausencia, así como o noso
sentir a súa familia, ós seus amigos e camaradas e a todos os traballadores e traballadoras que
configuran o noso sindicato.
 
Sabemos que o exceso de palabras poden ocultar a falla de ideas, por iso para rematar, tan só
lembrar Marcelino, o que ti ben decias e que sintetiza o teu pensamento e legado : “Sempre
adiante e a esquerda”.
Orixe RSS