Rematamos o plan Desempregados 2010
O redor de 700 alumnos formaronse o longo do ano no plan de Desempregados 2010 que rematamos esta semana na Fundación Forem Galicia.
Na programación impartironse preto de 50 accións formativas agrupadas en distintas especialidades : ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN, INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS, SANIDADE, INSDUSTRIAS ALIMENTARIAS, ARTES GRÁFICAS ou ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA, entre outras.
Ademais de acadar os obxectivos específicos de cada curso, os alumnos realizaron visitas a centros de traballo e, onde estaban programadas, realizaron prácticas non laborais para aplicar de primeira man o aprendido, baixo a supervisión do seu titor.
Nalgunhas especialidades e centros, desenvolveronse actividades e concursos que pretenderon simular un entorno de traballo real e estimular a creatividade dos participantes, como o concurso de tapas desenvolvido no noso centro de Forem Lugo, no curso de COCIÑA; ou o concurso de deseño dun fondo de escritorio corporativo, desenvolvido no noso centro de Forem Oleiros, no curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO.
Na programación 2011 xa se incorpora a nosa rede de centros propios o noso novo centro de Forem Santiago, cos novos talleres de Soldadura e Enerxias Renovables e as aulas especificas de Sanidade ou Informática.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |




.jpg)


