Implementación das ferramentas de Exact para optimizar a xestión da formación

 

Co fin de adaptarnos aos cambios reflectidos na normativa relacionada co Sistema de Formación para o Emprego e o Sistema Nacional de Cualificacións, na nosa Fundación comezamos a traballar na implementación dun novo sistema de xestión empresarial.

En concreto, adoptaremos as solucións Exact Synergy e Exact Event Manager, ferramentas que nos axudarán na xestión e automatización dos nosos procesos de traballo e  na coordinación das actividades estratéxicas en relación cos nosos clientes, fluxos de traballo, proxectos e documentación.

Aproveitando a flexibilidade que nos achegan as ferramentas de Exact,  unha representación do persoal da Fundación está colaborando na análise de procesos,  alarmas, fluxos de traballo e definición de portais, internos e externos, que melloren a relación cos nosos clientes e provedores.

Na nosa Fundación, traballamos coas ferramentas de Exact dende 1993, dende que adquirimos o ERP Exact Dimoni para a nosa xestión financeira.

Notas de prensa :

teechWEEK

acceso