Forem Galicia participa no Proxecto formativo estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de mozos menores de 30 anos

O conxunto de accións que conforman este Proxecto, están subvencionadas polo Servizo Público de Emprego Estatal a través da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, e se enmarcan no proxecto formativo, de ámbito estatal de cualificación e mellora da empleabilidade de xóvenes menores de trinta años (Resolución do 6 de outubro de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal) solicitado pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CS CCOO), xestionados por FOREM e impartidos por distintas entidades colaboradoras.

Esta oferta formativa, é gratuíta e supón unha gran oportunidade para acadar unha mellor  preparación profesional, mellorar a cualificación profesional , acadar os coñecementos necesarios e adquirir as competencias que permitan adaptarse os novos requirimentos do sistema produtivo, especificamente en aqueles sectores que mostran unha tendencia positiva na súa actividade económica ou un maior potencial de crecemento de emprego, así como nas ocupacións correspondentes os certificados de profesionalidade.

Forem Galicia desenvolverá, neste marco, acción dirixidas a Xóvenes desempregados menores de 30 anos e Xóvenes menores de 30 anos e de baixa cualificación; en ambos casos desempregados.

As acción formativas, desenvolveranse nos centros de Forem Galicia ata o 30 de Xuño de 2012, e estarán vinculadas os seguintes módulos e certificados de profesionalidade :

- MF0233_2 OFIMÁTICA

- SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

- HOTR0108_1 OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA

A realización de certificados ou módulos de certificados de nivel 2 e 3, teñen asociados, para o alumnado, requisitos de acceso, e para todas as accións se realizará un proceso de selección.