Desempregados 2011 : unha achega as experiencias dos alumnos
Hoxe chegounos a última nova en relación co noso plan Desempregados 2011. O alumno Javier Blasco Rodríguez, do curso TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO GRÁFICO, impartido en Forem Vigo, quedou finalista, entre mais de 5000 propostas gráficas de todo o mundo, do prestixioso ‘10º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN’. O concurso é un evento de recoñecido prestixio no ámbito do deseño gráfico. Nesta ocasión, o xurado estivo composto, entre outros, por Javier Mariscal, Alberto Corazón e Oscar Marine.
No desenvolvemento das nosas accións do plan Desempregados, formamos a 555 alumnos dentro de ámbitos diversos : DESEÑO GRÁFICO, ATENCIÓN SOCIO SANITARIA, ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS, ELECTRICIDADE, COCIÑA , PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES E ENERXIAS RENOVABLES, entre outros
A formación foi apoiada por distintas accións, nas que os alumnos e alumnas participaron coa fin de reforzar ‘in situ’ o coñecemento adquirido ou en outras que, con carácter transversal favoreceron o traballo en grupo ou o aprendizaxe social. Tamén realizamos algúns concursos en diferentes eidos para estimular a creatividade.
Algunhas mostras dos traballos e experiencias desenvolvidas poden consultarse no noso espazo para os alumnos, na nosa ‘Fan Page’ no facebook e no noso espazo para os docentes, Desire.
- Concurso de COCIÑA, en Forem Vigo : o prato gañador foi “Orella atomatada con cruxiente de xamón” e o seu autor foi o alumno Brais Méndez González.
- Concurso de Proxectos de Electricidade, realizado no curso ELECTRICISTA INDUSTRIAL, en Forem Ferrol. Aquí o fallo do concurso.
-
Concurso de fondo Twitter, do noso curso TÉCNICO EN DESEÑO GRÁFICO, de Forem Oleiros.
-
Visita á imprenta Anduriña, realizada polos nosos alumnos e alumnas do curso TÉCNICO EN DESEÑO GRÁFICO, de Forem Vigo
- Blogue do curso PROGRAMADOR DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS, de Forem Ourense no que o seu docente foi o gañador da III EDICIÓN DO CONCURSO “O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”
- Novas metodoloxías no curso impartido en Forem Oleiros, de XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH, coa ferramenta Schoology.
- Unha mostra da realización de prácticas de enfermaría dos nosos alumnos do curso de AUXLIAR DE ENFERMARIA EN XERIATRÍA de Forem Ferrol.
- Formas de formar, dende Forem Ferrol, o seu blogue do curso FORMADOR OCUPACIONAL.
Podes seguir o tanto das nosas actividades no noso canle para alumnos : www.facebook.es/foremgalicia, no noso canle docente www.twitter.com/proxectodesire e nos nosos canles corporativos : http://portal.foremgalcia.eu e www.twitter.com/foremgalicia .