Presentación da entidade
Forem Presenta... from Desire 20 on Vimeo
A Fundación Formación e Emprego de Galicia é unha institución sen ánimo de lucro e permanente no ano 1993, constituida por iniciativa do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, co obxectivo de promover e xestionar iniciativas no ámbito da cualificación e inserción profesional de persoas, Xestionamos programas e accións de formación para o emprego, de orientación e de inserción
Na actualidade contamos con centros homologados de formación en Ourense, Vigo, Oleiros, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Cervo.
Afotografía do futuro que buscamos, é a dunha organización que aprende mediante a evolución e a adaptación, unha organización biolóxica, non mecánica, na clasificación que fai Roberto Carneiro
Nesta visión, a organización está composta por traballadores e traballadoras que actúan en redes de colaboración e comunidades de práctica, verdadeiro e principal punto de partida para a creación de valor no contorno cambiante en que nos atopamos, na sociedade cada vez máis global e complexa en que nos desenvolvemos.
Por certo, tamén temos a certificación ISO 9001:2000 emitida no ano 2003 pola certificadora AENOR.