blogue de admin

I Xornadas de Formación para o Emprego da FGFT

Con motivo da situación económica actual e a necesidade de adpatación aos cambios en materia de formación para o emprego, a Fundación Galega da Formación para o Traballo organiza as xornadas :

A Formación para o Emprego : un reto nos Entornos Económicos Hostís

que terá lugar en Santiago de Compostela, os días 22, 23, 24 de Novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro.

Durante as xornadas, terán lugar relatorios que tratarán a situación actual e propostas de futuro en materia de formación para o emprego e mesas debate das entidades que presentan os produtos fianis das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, Convocatoria 2009, cofinanciadas polo Fondo Socila Europeo.

Na xornada do día 23 de Novembro, na sala 3, a Fundación Formación e Emprego de Galicia, presentará o traballo : Catalogación e distribución de materiais didácticos ligados ós novos Certificados Profesionais: Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixitais.

Para  mais información e inscricións, consultar na páxina da Fundación Galega da Formación para o Traballo.

Novo centro da Fundación Forem Galicia

in

 

Hoxe , xoves 21 de octubro as 13 horas, o presidente da Fundación Forem Galicia D. Francisco Javier Montero Dongil, acompañado do Secretario Xeral de CC.OO. de Galicia, D. Xosé Manuel Sanchez  Aguión, o alcalde da cidade de Santiago D. Xosé Manuel Sanchez Bugallo a Conselleira de Trabalo e Benestar, Doña Beatriz Mato Otero, e o Delegado do goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes, entre outra autoridades, procederá á inauguración do novo centro de formación de Forem Galicia, que levará por nome “Koldo Madariaga” en memoria do que foi anterior director e artífice do seu impulso.

O novo centro, ubicado na vía Edison, 1C  do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, albergará no mesmo edificio, o centro de formación de Forem Santiago, e as oficinas de Servicios Centrais de Forem Galicia.

O centro, que pretende ser referencia no ámbito da formación profesional ocupacional e continua, conta para iso cunhas modernas instalaciós, dotadas dun amplo despliegue tecnolóxico que permite adecuar os seus espacios e aulas ós requisitos de homologación esixidos polos novos certificados de profesionalidade e Cualificacións do Sistema Nacional de Cualificaciónms profesionais. O centro conta con taller de soldadura, taller de electricidade e enerxias renovables, taller de atención sociosanitaria , ademáis de aulas de informática e comunicacións e outras aulas adaptadas a diferentes especialidades.

O centro que hoxe inaguramos , tenta cumprir unha doble función social e formativa, que repercutirá, sen dúbida, na posibilidade de construir unha sociedade de persoas mellor formadas e con maiores oportunidades.

Para Forem Galicia, que busca o progreso integral das persoas ,  traballadores e traballadoras, é ineludible asumir un compromiso incondicional coa formación, incluso en épocas económicamente difíciles como a que estamos a atravesar. Compromiso que concretase en acción e inversión reais e tanxibles. Accións e inversión cuxos frutos podemos observar.

Finalmente dar as gracias a todas as persoas que fixeron posible ó centro que hoxe é unha realidade, e desexar que o centro sexa unha fonte de progreso para a cidadanía , e un elemento que inflúa no seu entorno para mellorar a realidade social da nosa cidade e comunidade.

Expocampus 2010 Koldo Madariaga in memoriam

in

 

Mañán venres, día 15 de Outubro, terá lugar a 8ª edición do congreso de innovación docente  sobre "Redes sociales y últimas tendencias del e-learning", Expocampus 2010. Esta edición está adicada á lembranza do noso Director Koldo Madariaga.

O evento, asistirá o equipo directivo da Fundación Forem Galicia, encabezado polo seu Presidente, Javier Montero Dongil, ademais doutros compañeiros e amigos do benquerido Koldo.

A Fundación Forem Galicia, agradece ós Organizadores do evento as súas atencións e apoio.

Talleres de Xogo Serio e Elluminate, con Lucio Margulis

Xa temos as datas fixadas dos talleres sobre Xogo Serio, que dentro da programación Continua 2010, Lucio Margulis impartirá na Fundación Forem Galicia, estas serán :

TALLER 1 : (20 prazas)

- 23/09/10 : Sesión introdutoria á plataforma Elluminate (video conferencia)
- 27/09/10 : Sesión 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 08/10/10 : Taller presencial nas nosas novas instalacións do Poligono do Tambre (Santiago de Compostela), 8 horas presencial (1 xornada de 5 + 3 horas)
- 18/10/10 : Sesión final de 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 03/11/10 : Sesión final Elluminate (video conferencia)

TALLER 2 : (20 prazas)

- 28/09/10 : Sesión introdutoria à plataforma Elluminate (video conferencia)
- 30/09/10 : Sesión 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 09/10/10 : Taller presencial nas nosas novas instalacións do Poligono do Tambre (Santiago de Compostela), 8 horas presencial (1 xornada de 5 + 3 horas)
- 20/10/10 : Sesión final de 2 horas Xogo Serio (video conferencia)
- 04/11/10 : Sesión final Elluminate (video conferencia)

Para preinscribirte, xa sabes que tes que estar rexistrado no noso portal e logo acceder á opción Oferta Formativa, e escoller o centro de Santiago, onde atoparas os dous cursos de Élluminate e Xogo Serio.

Paras as sesións de video conferencia so precisas unha conexión a Internet, un micrófono e unha cámara web.

Lucio Margullis, é un experto na metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY, ferramenta baseada en investigacións que demostraron unha conexión directa entre as máns e o área emocional da mente. A través da súa aplicación, preseguese acelerar o proceso de identificación, análise e solución dun problema, acadando o compromiso de tódo-los involucrados.

Algúns dos que traballamos no proxecto desire xa tivemos a oportunidade de participar nun dos seus talleres (dispoñibes no noso canal vimeo), e é una experiencia que non podes deixar pasar.

Presentación da entidade

in

Forem Presenta... from Desire 20 on Vimeo

A Fundación Formación e Emprego de Galicia é unha institución  sen ánimo de lucro e permanente no ano 1993, constituida por iniciativa do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, co obxectivo de promover e xestionar iniciativas no ámbito da cualificación e inserción profesional de persoas, Xestionamos programas e accións de formación para o emprego, de orientación e de inserción

Na actualidade contamos con centros homologados de formación en Ourense, Vigo, Oleiros, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo  e Cervo.

Afotografía do futuro que buscamos, é a dunha organización que aprende mediante a evolución e a adaptación, unha organización biolóxica, non mecánica, na clasificación que fai Roberto Carneiro

Nesta visión, a organización está composta por traballadores e traballadoras que actúan en redes de colaboración e comunidades de práctica, verdadeiro e principal punto de partida para a creación de valor no contorno cambiante en que nos atopamos, na sociedade cada vez máis global e complexa en que nos desenvolvemos.

Por certo, tamén temos a certificación ISO 9001:2000 emitida no ano 2003 pola certificadora AENOR.

Entre nos

in

Koldo Madariaga Para reflexar os vosos sentimentos, recordos, anécdotas ou vivencias compartidas con Koldo, podeis facelo no seguinte enlace:

www.semprekoldo.org

Orixe RSS